IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE LIÑARES

Relixioso
1417
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Liñares (Santo Estevo)

Lugar: Liñares

27671  Pedrafita do Cebreiro - Lugo

Coordenadas:
42º 41' 54.0" N - 7º 04' 26.9" W

Descrición

Restaurada en 1963, a súa fundación atribúese a un diácono do s. VIII. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cantería e a cuberta a dúas e catro augas e tellado de lousa. A fachada, ten unha torre, que fai de frontis, de tres corpos. O primeiro corpo constitúe un cabido que resgarda a porta, enmarcada por un arco de medio punto, o segundo ten catro vans e o superior está coroado por catro pináculos. Ten un retablo barroco no interior. Antigamente esta igrexa estaba ligada ao desaparecido Monasterio de O Cebreiro, ao que subministraba liño.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección Triacastela. A sete km tórcese á esquerda e avánzase ata chegar á igrexa.
Accesibilidade :A pé ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba