IGREXA NOVA DE SANTA MARÍA

Relixioso
1711
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lagostelle (San Xoán)

Lugar: Guitiriz

Praza do Sagrado Corazón de María

27300  Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 10' 49.9" N - 7º 53' 08.9" W

Descrición

Igrexa de planta de cruz latina, construída entre 1946 e 1968 e deseñada polo arquitecto Manuel Andrés Reboredo en estilo neorrománico de inspiración francesa, situada en pleno centro da vila guitiricense, no Campo dá Feira. Fabricada en granito local e con cuberta de lousa. A ábsida é redonda con ventás de estilo románico. A sancristía, o salón parroquial, a casa de monxas e a rectoral están pegadas á Igrexa. No frontis destaca a porta principal abucinada de medio punto con arquivoltas e columnas e un grande rosetón central, xunto a unha torre-campanario de tres corpos. Edificio que destaca pola súa gran monumentalidade exterior. No lado esquerdo do adro, hai un monumento ergueito ao párroco promotor da obra: Manuel Bande López, que a levou a cabo grazas a grande parte do diñeiro recadado dos donativos que os visitantes do Balneario de Guitiriz facían durante a celebración da misa no recinto. Interior: imaxe titular do Corazón de María, obra do escultor Coomente, e outros talles do s. XVIII entre as que destaca a de S. Xoán Bautista.

Acceso

Está no centro urbano de Guitiriz.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!