IGREXA PARROQUIAL DE SAN ESTEVO DE PARGA

Relixioso
1312
No Camiño de Santiago

Localización

27380  Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 09' 30.9" N - 7º 50' 16.9" W

Descrición

Situada nun outeiro ao lado do castelo da Pobra de Parga, antiga situación dun castro. Presenta varios restos da súa primitiva factura románica do s. XII, e consta de nave rectangular, capela maior cadrada e sancristía engadida xunto con outra edificación no lateral esquerdo. Fabricada en cadeirado de granito e cuberta de lousa a dúas augas en nave e a catro en presbiterio. Fachada do s. XVIII, con porta alintelada, ventá rectangular central, espadana de dobre corpo e dobre van e interesante reloxo de sol no ángulo que forma a fachada e o muro lateral dereito, onde se conservan algúns antigos canecillos e unha primitiva figura labrada románica. Interior: pinturas ao fresco do s. XV que representan escenas da Paixón, Anunciación e Cristo en Maxestade, ara con inscricións romanas e tres retablos barrocos con talles dos ss. XVII-XVIII. Accédese ao adro, murado, por un portalón de pedra do XVIII con enreixado de ferro, gran lintel e frontón triangular con cruz e puntas de diamante. Varios sarcófagos antropomorfos medievais e pila bautismal gótica no adro.

Acceso

Dende a Parga crúzase a ponte sobre o río Parga e tómase a pista sinalizada que leva ata o monumento.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba