IGREXA DE SAN PANTALEÓN DE CABANAS

Relixioso
984

Localización

Parroquia: San Pantaleón de Cabanas (San Pantaleón)

Lugar: A Igrexa

27867  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 36' 06.8" N - 7º 42' 51.1" W

Descrición

Coas reformas do s. XVIII, que afectaron preferentemente á capela maior e nave, o templo perdeu parte da súa fábrica primitiva gótica, de finais do s. XIV e comezos do XV, da que se conserva a súa entrada principal.

De planta rectangular, fabricada en cachotería granítica con perpiaños nas esquinas e vans, con cuberta de lousa a dúas augas en nave, a catro en presbiterio e a tres en sancristías pegadas en ambos os dous laterais. No fronte destaca a torre campanario barroca de dous corpos, con remate en cúpula, e a porta principal de estilo gótico, con arquivolta de arcos lobulados nas xuntas dos cales aparecen un xabaril e un lebreiro e con arco trilobulado interior, que descansa mediante impostas con rosetas en columnas con capiteis de talos e alta basea. Interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior rococó do último terzo do XVIII, retablo dereito salomónico do primeiro terzo do XVIII e retablo esquerdo de mediados do mesmo século. Adro murado arredor, de cachotería granítica, onde se repite a figura de xabaril.

Arriba