Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTA MARÍA DOS ÁNXELES&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTA MARÍA DOS ÁNXELES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5609/igrexa-de-santa-maria-dos-anxeles?langId=gl_ES
Esta igrexa, antigamente coñecida como Santa María de Pérros, por ser este o nome da freguesía ata o século XVI, conserva restos románicos da construción orixinal, coma a cruz antefixa na cabeceira, ou restos de decoración nos muros da sancristía.
A actual edificación, de mediados do século XVIII e planta de cruz latina de única nave, ergueuse probablemente seguindo o proxecto de Francisco Fernández Sarela. O templo conta con interesantes e valiosos retablos. O principal, de 1794 e estilo neoclásico, foi realizado por Ramón Pérez Monroy, arquitecto e escultor compostelán que asina o contrato de execución co abade Manuel Baqueo y Malvar pola cantidade de 20.000 reais. Na fachada destaca a fornela que acubilla unha imaxe da Virxe, sobre a que se dispón un reloxo.
O conxunto péchase cunha torre campanario tipicamente barroca. Interesante reloxo de sol no paramento e dúas pías bautismais no adro.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.