IGREXA DE SAN XIÁN DE LAÍÑO

Relixioso
1226
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Laíño (San Xián)

Lugar: A Igrexa

15981  Dodro - A Coruña

Coordenadas:
42º 43' 28.5" N - 8º 42' 52.6" W

Descrición

A actual igrexa é de boa construción barroca (s. XVIII). Ten unha nave de planta rectangular, Presenta un campanario barroco integrado por dous corpos, sendo o primeiro de sección cuadrangular, que aloxa unha campá no seu interior e a segunda de sección octogonal, rematada nunha cúpula. O interior deste templo figura entre os máis belos exemplos de sabia conxunción de arquitectura e escultura da diocese, con tres retablos de gran calidade que ocupan os frontes orientais do presbiterio e os brazos do cruceiro, encargados en 1764 a Francisco Núñez de Boiro. Trátase do Retablo Maior e os laterais da Virxe do Dolores e o Divino Redentor. O Retablo Maior, do que non se ten datos documentais, ten unha grande calidade, facendo pensar en Francisco de Lens como seu autor, tratándose dun dos mellores retablos da zona.

Nunha pedra do muro sur da igrexa figura a data de 1743 que se corresponde con unha definitiva contratación de obras. Parece que a igrexa se remata e 1745.

Acceso

Dende a Casa do Concello na AC-305 (Pk 2,9) collemos a estrada con dirección Rois DP-3302 e a 1,3 Km está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Barroco
Arriba