CAPELA DE SANTA ISABEL

Relixioso
1075

Localización

Parroquia: Muros (San Pedro)

Lugar: Muros

Rúa A Xesta s/n

15250  Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 44.0" N - 9º 03' 37.0" W

Descrición

Fundada en 1744, o cruceiro desta capela comprende dúas épocas. A base é do ano 1586, segundo consta na data gravada nela. A parte traseira non é regular e presenta unha figura moi borrosa e sinais de que formou parte doutra obra distinta, allea ao obxecto ao que se dedicou. Presenta nas súas catro caras unha caveira; en dous dos seus laterais dúas tibias entrecruzadas, e, na fronte, sobre a inscrición da data, ano 1586, un lagarto sobre unha lousa. Esta base pode proceder dalgún cemiterio, posiblemente do que rodeaba a igrexa de San Pedro.
A columna e a cruz coas súas imaxes pertencen a unha época posterior e é de supoñer que foron realizadas en 1744, ano da fundación desta capela. 

Acceso

No mesmo núcleo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!