CAPELA DO ESPÍRITU SANTO

Relixioso
256

Localización

Parroquia: Muros (San Pedro)

Lugar: Campo de Cortes

15250  Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 05.9" N - 9º 03' 23.0" W

Descrición

De estilo románico, está situada no camiño de Muros a Louro na chamada “Punta de Campo de Cortes”, e construírona aquí porque, segundo a tradición, foi onde rompeu o carro que transportaba a imaxe do seu interior, que foi atopada na praia. Está formada por unha planta de muros de cantería que se atopa dividida en tres tramos por arcos faixóns apuntados que descansan sobre canzorros e sobre os que se apoia unha bóveda de canón apuntada. Na cabeceira atópase a capela maior, de planta cadrada e á que se accede a través dun arco de medio punto, e que está cuberta con bóveda de canón de medio punto. Exteriormente, a súa volumetría é moi sinxela. Os muros de cantería, rematan na parte superior nunha cornixa sobre canzorros de diversas labras. A fachada principal componse dunha porta románica e, xusto encima, presenta un pequeno óculo. O conxunto remata na parte superior nun pequeno campanario e unha cruz. Foi reconstruída no ano 1927.

Acceso

No mesmo núcleo.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Última actualización: 04/12/2017
Arriba