CAPELA DE SANTO CRISTO

Relixioso
1002
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso)

Lugar: San Cibrao das Viñas

32911  San Cibrao das Viñas - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 45.0" N - 7º 52' 18.9" W

Descrición

A igrexa patronal foi construída entre os séculos XVI-XVIII; de estilo claramente renacentista, con portada plateresca, está asentada sobre os cimentos do que podería ser unha construción romana. A portada conta cun arco de medio punto entre pilastras talladas e con doelas decoradas con motivos xeométricos. No seu tímpano debemos destacar unha venera de grandes dimensións. Un rosetón circular  érguese por riba da porta principal e rompe a robustez da fachada e contribúe ao seu dinamismo.

O lintel está decorado cunha secuencia de cabezas, con frontón clásico. Coroando o frontispicio érguese unha cruz antefixa de singular beleza. Apegada ao lateral atópase a torre do campanario con tres corpos para oito campás, aínda que na actualidade só dúas campás repican o son do vello aceiro. No seu interior destacan un Cristo gótico e unha Inmaculada barroca, ademais da cruz parroquial, peza do século XVII, obra do prateiro Isidro Montanos (1687).

Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba