IGREXA DE FÁTIMA

Relixioso
1317
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Ervedelo 56

32002  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 27.9" N - 7º 52' 20.9" W

Descrición

En 1946 o bispo Blanco Nájera inaugura a igrexa de estilo clásico-moderno. O templo presenta planta de cruz latina cunha soa nave no interior. Ao exterior ofrece aspecto de fortaleza. A fachada de tres rúas alberga nun camarín a imaxe pétrea da Virxe María esculpida polo escultor galego Failde. Sobre unha base cadrada que suxeita catro arcos torales elévase a cúpula que culmina nunha lanterna con base octogonal. A ábsida tamén presenta planta octogonal.

Acceso

Núcleo urbano.
Accesibilidade: peonil, coche, autobús.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba