MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Museos e coleccións
3237
No Camiño de Santiago

Localización

Praza da Soidade s/n

27001  Lugo - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 40.8" N - 7º 33' 32.5" W

Descrición

Museo creado en 1932 e inaugurado en 1934 no palacio provincial da Deputación de Lugo. Desde 1957 sitúase no antigo convento de San Francisco. Deste vello cenobio conserva a cociña, o refectorio (ambos do século XVIII) e o claustro (s. XV), enigmática construción declarada Ben de Interese Cultural en 1931. O edificio foi ampliado nas décadas dos anos setenta e noventa.

O Museo Provincial de Lugo conta con 29 salas expositivas dedicadas á prehistoria e arqueoloxía, á arte sacra, á etnografía, á cerámica e  vidro, á pintura e a escultura, a abanicos e reloxos, á epigrafía, á  plástica provincial romana ou á numismática e a medallística. Tamén mostra unha sección específica de arte galega: cerámica de Sargadelos, ourivaría e acibeche ademais de pintura, escultura, debuxo e gravado e 7 salas monográficas de creadores galegos contemporáneos. Así mesmo, expón fondos depositados polo Museo Nacional de Prado e polo Museo Nacional Centro  de Arte Reina Sofía. Recentemente incorporouse a sala Arte africana Xoán Anllo e remodelouse a nº 8 de ourivaría antiga cuxa colección está declarada como Ben de Interese Cultural de Galicia..  

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Máis información

https://museos.xunta.gal/es/provincial-lugo

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 01/02/2008
Arriba
Axúdanos a mellorar!