Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE VALDEFLORES&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE VALDEFLORES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/6327/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-valdeflores?langId=gl_ES
Igrexa monasterial e parroquial que xunto co mosteiro de S. Salvador conforman un monumento histórico-artístico declarado en 1974. As obras inícianse en 1732 polo abade Araújo, para logo facerse cargo o mestre Casás e Novoa. De planta rectangular, consta de 3 naves, cruceiro, presbiterio e sancristía, con cuberta abovedada na totalidade do templo, exceptuando a cúpula de media laranxa con lanterna do cruceiro e de sancristía. Fachada barroca creada polo arquitecto Casás e Novoa, considerada precedente arquitectónico da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago, con núcleo central de 4 corpos a xeito de retablo pétreo con motivos arquitectónicos e varias esculturas, flanqueado por 2 torres laterais: a esquerda de 3 corpos e a dereita -incompleta- de 1 corpo.
Na sacristía acollese un fermoso Relicario Barroco do s. XVII, e na Capela de Valdeflores o Sartego Paleocristián (s.V) do “Conde Santo”.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.