IGREXA DO SAGRADO CORAZÓN DE S. PEDRO DE RIOTORTO

Relixioso
880

Localización

Parroquia: Riotorto (San Pedro)

Lugar: As Rodrigas

27744  Riotorto - Lugo

Coordenadas:
43º 20' 26.9" N - 7º 15' 41.0" W

Descrición

Igrexa construída no ano 1956 de nova planta, conformada en planta de cruz latina. Foi construída en materiais tradicionais, cachotaría de lousa e cadeirado de granito, con cuberta de lousa a dous e catro augas. No frontis, con portada alintelada, e intentou reproducir unha fachada de estilo Barroco, con fachada simétrica, con dous tímpanos semicirculares, un sobre a porta e outro coroando a fachada. Nun lateral da fachada está a torre-campanario, que parece reproducir o Románico pirenaico.
Arriba