IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE OLEIROS

Relixioso
989

Localización

Parroquia: Oleiros (San Miguel)

Lugar: Porrás de Abaixo

27533  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 29.0" N - 7º 44' 15.0" W

Descrición

Nave románica do século XII con canecillos historiados. A portada principal ten dúas arquivoltas, tímpano de debuxos cruciformes e columnas acodilladas en dúas ordes. No século XVI reformouse a capela maior variándose a súa planta. Os muros son de granito en fiadas horizontais. Períodos de apertura: horas de culto.

Acceso

Partindo de Carballedo pola LU-P 10-01 en dirección Os Peares e a 9 km. tomar desvío á esquerda sen sinalizar. A 1 km. atópase o recurso.
Arriba