IGREXA PARROQUIAL DE SAN ROMAO DE CAMPOS

Relixioso
732

Localización

Parroquia: San Romao de Campos (San Romao)

Lugar: San Romao

27528  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 22.0" N - 7º 45' 29.0" W

Descrición

Edificio do século XVIII sobre planta románica, con ábsida e sancristía ao lado N do presbiterio. Muros de perpiaños e cachotaría de granito, con cuberta a dúas augas. Ábsida máis reducida en ancho e alto. Arco triunfal de medio punto con imposta. Fachada con espadana de dous vans. Retablos con esculturas no interior, o maior neoclásico e os dous laterais do século XVIII.

Acceso

Á saída de Castro dirección A Barrela, tomar a LuP-P 10-04 dirección San Mamede / Temes. A 9 km. tomar desvío á dereita, onde está situada unha marquesiña, a 100 m. atopa o recurso.
Arriba