IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE VILAQUINTE

Relixioso
933

Localización

Parroquia: Vilaquinte (Santa María)

Lugar: Vilaquinte

27531  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 52.9" N - 7º 45' 09.0" W

Descrición

Edifico construído no ano 1604, como reza nunha inscrición do presbiterio. Do edificio do século XVIII só queda a estrutura xeral. Planta rectangular e capela maior con arco triunfal de medio punto. Os muros son de granito e cuberta a dúas augas. Sancristía pegada ao alzado N do presbiterio. Espadana de dous vans.

Acceso

Partindo de Castro tomar a LU-P 10-01 en dirección Os Peares e a 5 km. tomar desvío á dereita sen sinalizar. A 50 metros atópase o recurso.
Arriba