IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE ESPASANTES

Relixioso
900
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Espasantes (Santo Estevo)

Lugar: Pacios

27450  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 36.9" N - 7º 37' 21.9" W

Descrición

Construída no s. XIII, pero é reconstruída no s. XVII. Ten unha nave de planta rectangular. Muros de cachotaría granítica e lápidas empregadas como perpiaños, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada ten portada con arquivolta de aresta. Tellado sobre canecillos decorados con motivos xeométricos. Sancristía pegada a un lateral da nave. Espadana de dous vans. Ten retablos con esculturas no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada que leva a Sober. A 2 km no lugar de Siós, cóllese o desvío a man dereita e a 1,5 km está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba