IGREXA PARROQUIAL DE SAN ANDRÉ DE RIBEIRAS DE MIÑO

Relixioso
1097
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribeiras de Miño (Santo André)

Lugar: Ribela

27439  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 57.9" N - 7º 41' 45.9" W

Descrición

Construída no s. XVII, conserva elementos de épocas anteriores e sofre reformas importantes en etapas posteriores. Ten unha nave de planta rectangular. A fachada ten un óculo na parte alta do frontis. A sancristía, de planta rectangular, ten unha porta con mochetas. Espadana con dous vans. Ten retablos con esculturas no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada que conduce a Escairón. A catro km e medio cóllese o desvío que hai a man esquerda. A catro km está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba