IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE TRIBÁS

Relixioso
816
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tribás (San Martiño)

Lugar: Tribás

27549  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 22.9" N - 7º 37' 28.9" W

Descrición

Construída en época románica e reformada no s. XVII. Ten unha nave de planta rectangular con cuberta a dúas augas. Sancristía pegada a un dos laterais. No muro sur hai un grande arco do s. XVII. Ten retablos con esculturas e pinturas murais de fins do s. XVI.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada que conduce a Tuiriz. Na parroquia de Santalla de Toiriz tómase a vía que leva a Escairón. A dous km e medio xírase á esquerda e a cincocentos m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba