Hotel no Grove, situado en fronte á ponte da Toxa e o Paseo marítimo do Grove, podemos ofrecerlle unha contorna tranquila, libre de ruídos e que se atopa a escasos minutos a pé ou en coche de praias, zonas de lecer, etc.
Inmediatamente próximo ás nosas instalacións, pode vostede gozar de dúas praias situadas a ambos os dous lados da ponte de acceso á Illa da Toxa e do paseo marítimo do Grove, o que pode darlle unha visión máis exacta da nosa céntrica situación.
O Grove e a Illa da Toxa teñen un paseo marítimo, que bordea a costa. Pode vostede gozar dunhas estupendas vistas e admirar o tradicional marisqueo a pé (ao que dedicamos unha sección na nosa web) que se pode observar na ría os días nos que a marea o permite.
Ademais, pode gozar do mar Atlántico e a Ría de Arousa navegando nos barcos con visión submarina que atopará no porto a escasos metros do hotel onde lle ensinarán a riqueza dos nosos fondos mariños ou a cultura acuícola da zona desde as bateas ata especies únicas destes mares. Se prefire vivir estas experiencias doutro xeito, pode practicar deportes náuticos tales como a navegación a vela, o piragüismo ou outros deportes de remo nos que a zona das Rías Baixas destacan por ser deportes considerados maioritarios.
Os nosos clientes poden gozar do recoñecido campo de golf situado na illa da Toxa. O campo, de 9 foxos, destaca e é recoñecido polo seu nivel de dificultade, a súa orixinalidade na disposición dos green e nas vistas e tranquilidade que se pode gozar mentres se practica este deporte.
Na Illa da Toxa dispoñemos dun dos centros lúdicos máis importantes de Galicia, o Casino da Toxa, no poderá gozar de mesas de ruleta, blackjack e máquinas tragaperras. Ademais, os campionatos periódicos de Póker que se celebran neste casino son mesmo puntuables para os campionatos nacionais, aínda que son de libre acceso e participación.
Por suposto, un dos atractivos de maior difusión desta zona son as augas termais mineromedicinais situadas na Illa da Toxa. A escasos 600 metros da porta principal do noso hotel poñemos ao dispor dos nosos hóspedes o balneario Isla da Toja no que poderá gozar dun circuíto termal completo no que se inclúen augas termais, hidromasaxe, sauna seca, sauna húmida, baños de escarcha, cogomelo colgante, piscina exterior… na nosa sección dedicada pode ampliar esta información.
O Grove é coñecido tamén como o “Paraíso do Marisco”, pola nosa localización céntrica e facendo honra a esa denominación, na abundante restauración dispoñible poderá degustar as máis exquisitas pezas de marisco e peixe fresco extraído directamente da Ría de Arousa.
Se gusta pode visitar as poxas na lonxa os días que hai venda xa que son abertas ao público.
Por suposto, para estas e outras actividades dispón de descontos directos no noso hotel que poderá adquirir en recepción. Non deixe de visitarnos e poder gozar de todo o que lle podemos ofrecer para vivir a fondo O Grove e a súa comarca.