PONTE DO EUME

Civil
2427
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pontedeume (Santiago)

Lugar: Pontedeume

15600  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 36.4" N - 8º 10' 09.2" W

Descrición

A ponte, que xunto ao río Eume, dan nome á vila de Pontedeume; foi mandado construír por Don Fernán Pérez de Andrade, O Boo, primeiro señor de Pontedeume en virtude do privilexio outorgado en Burgos o 19 de decembro de 1371 por Henrique de Trastámara como recompensa polo seu apoio na guerra fratricida contra o rei Pedro I O Cruel. 
A ponte actual foi construído entre 1863 e 1870, remodelado entre 1884 e 1888 pero aínda conta con restos da obra de enxeñaría civil executada entra 1380 e 1386. Contaba con 68 anos e chegou a ser, cos seus 850 metros, unha das máis longas de España. Na actualidade está conformada por 15 arcos.
Entre os arcos 20 e 22, existía un hospital para pobres e peregrinos xunto á capela do Espírito Santo, ao cargo do Convento de Santa Catalina (Ares), tamén mandado edificar por Fernán Pérez. En 1841 coas pedras do devandito hospital pavimentouse a praza de San Roque na vila. 
Na entrada da ponte atopábanse dúas pezas escultóricas, un oso e un xabaril, animais totémicos dos Andrade; na actualidade ambos elementos consérvanse no claustro do antigo Convento dos Agostiños. Sobre o lombo do xabaril, pódese ler: “NA ERA DE MIL E CCCLXXX, ANOS DA NACENZA DE NOSO SEÑOR IESU XUO POR ABRIL COMENZADA E ACABARONA EM SEIS ANS ESTA PONTE”.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!