Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PAZO E CONVENTO DE VISTA ALEGRE&body=Recoméndoche que leas a información PAZO E CONVENTO DE VISTA ALEGRE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/6986/pazo-de-vista-alegre?langId=gl_ES
De todos os pazos de Vilagarcía, o de Vistalegre é o único que conta coa declaración de Monumento Histórico Artístico. O edificio afunde as súas raíces na fundación mesma de Vilagarcía, pois foi entón, a mediados do século XV, cando García de Caamaño decidiu construír unha torre neste lugar desde a que dominaría o recentemente creado burgo e porto.
Pasados os anos, un incendio destruíu a edificación, que daría lugar ao actual pazo, levantado cara a 1545, cando se instituíu o morgado de Vistalegre, por iniciativa de Álvaro Gómez de Sotomayor, neto do fundador, pero sobre todo polo empeño e a axuda económica do irmán de Álvaro, Rodrigo de Mendoza, abade de Teverga (Asturias) e capelán de Carlos V.
Ocupando boa parte do antigo castro de Alobre, situado nun alto e ao pé das marismas do río do Con e do antigo Camiño Real que unía Cambados con Vilagarcía e esta con Santiago, Vistalegre ofreceu a imaxe dun gran casa con dúas torres laterais durante case cen anos, ata que un raio derrubou a torre sur.
Cara a 1645, un neto de don Álvaro, Fernando de Andrade, arcebispo de Santiago, ordenou construír o convento de Agostiñas. Foi entón cando a torre foi levantada de novo, pero agora sobre o convento, e cando pazo e igrexa quedaron unidos polo seu característico arco-pasadizo.
A principios do século XX, o pazo foi sede do viceconsulado británico, para ser propiedade despois dun rico indiano, Andrés Fernández, propietario da maior mina de prata de México. Nos anos 20, o pazo volveu aos seus antigos donos, os marqueses de Vilagarcía, encarnados agora pola familia Barrio.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.