PAZO DE RUBIÁNS

Civil
3955
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rubiáns (Santa María)

Lugar: Rubiáns de Arriba

Rúa do Pazo 7

36619  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 34' 41.0" N - 8º 43' 58.9" W
+34 986 510 534
+34 619 261 847
+34 986 510 534

Descrición

Edificado no século XVIII sobre unha torre do século XV, foi solar dos Caamaño, fundadores de Vilagarcía. O máis destacable é o seu xardín, de estilo francés, no que sobresaen as magnolias, as oitocentas variedades de camelias e algúns dos eucaliptos máis lonxevos de Galicia. En canto á casa, trátase dunha construción de planta regular con gárgolas nas cornixas e varios escudos. Rubiáns ostenta a distinción de “Xardín de excelencia Internacional da Camelia”.

O pazo é visitable durante todo o ano previa reserva. Pode facerse de forma libre ou guiada. Neste segundo caso, os participantes non só coñecen os aspectos botánicos do pazo, senón os principais salóns da casa e as súas dependencias exteriores: a capela, as antigas cortes dos cabalos e a adega, sempre acompañados por persoal do pazo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba