PAZO DE MINCE

Civil
197

Localización

Parroquia: Prevediños (Santiago)

Lugar: Mince

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 22.9" N - 8º 22' 36.9" W

Descrición

Trátase dunha edificación do século XVII asentada no medio do casar, con planta en “U” o único que fai salientable o Pazo de Mince do resto das edificacións, é o seu escudo, centrado sobre o dintel e rematado en coroa. Así mesmo, no dintel hai unha inscrición sobre a época da súa construción, pouco lexible: D. JUAN VENDAÑA VALLO DE PORRAS ALDAO SOTOMAYOR AÑO ES LA DE 1690. Dispón de capela con retablo, escudos e demáis santos.
Utilizado como residencia permanente.

Acceso

En automóbil son 10,3 km., pouco máis de dez minutos desde a Casa do Concello. Seguir pola AC-240, pasando polas parroquias de Touro, Loxo, Bama, Fonte Rosas e Prevediños. Aquí coller unha pista a man esquerda que leva directamente ao Pazo de Mince.
A pé son 8,7 km., algo menos de dúas horas desde a Casa do Concello. Seguir pola AC-240, pasando polos lugares de Cruz de Méndez, Os Bravos e A Goleta. Virar á esquerda cara a As Casas Novas e Cimadevila, para chegar ao Pazo de Mince.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 21/09/2017
Arriba