CASA DE SABARIZ

Civil
257

Localización

Parroquia: Eiras (Santa Ouxea)

Lugar: Sabariz

32435  San Amaro - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 12.6" N - 8º 02' 28.6" W

Descrición

Accédese a través dun gran portalón, de boa fábrica e con un prominente escudo na parte superior, que dá acceso á finca na que se atopa o pazo. A planta do edificio -do século XVII- é en escuadra, con patio exterior inscrito e con torre na conxunción das dúas coxías. Unha solaina que dá ao patio, percorre as coxías pola súa fachada interior. Completan o conxunto un cabaceiro e un pombal. Actualmente está habitado e alberga a adega “lagar de sabariz”.
Arriba