PAZO SAN XIAO

Civil
1063
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xiao do Monte (San Xiao)

Lugar: San Xiao

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 45.2" N - 7º 57' 16.8" W

Descrición

O pazo de San Xiao, de planta rectangular, foi construído en 1790, en cantería e con cuberta de tella a catro augas, pousado en sobrepena de lousa. Forman conxunto a casa principal, un antigo muíño, un pombal, palleira, cortes, un magnífico exemplar de hórreo de madeira e mesmo unha pequena capela, hoxe cedida e usada como parroquial. As paredes de granito están lucidas con mestura de cal e area. No fachada atópase un curro no que hai un lavadoiro de granito.

Acceso

Dende Santiago collemos a estrada C-540 ata Mellide, alí desviámonos á esquerda pola estrada Melide - Friol e á altura do Km. 8, lugar de Fondevila, tomar a desviación á dereita, superei unha ponte e seguimos 1,5 Km recto ata San Xiao.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!