PAZO DE REGUENGO

Civil
1755
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Vicente de Castillón (San Vicente)

Lugar: O Reguengo

27438  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 26.9" N - 7º 36' 50.0" W

Descrición

A construción orixinal data do S. XV, pero sofre reformas posteriores, a máis significativa no S. XVIII. Ten unha planta irregular resultante da xustaposición de varios corpos, consta de tres plantas. Muros de cadeirado granítico, cuberta a tres e catro augas e tellado de tella. Na fachada destacan unha ampla escalinata, unha gran solaina e varios escudos. Capela construída no s. XV acompañada dunha vetusta torre. Muro de peche.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada local en dirección a Toiriz. A seis km tórcese á esquerda. A dous km e medio xírase á esquerda e a cento cincuenta m está o pazo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba