PAZO DE ALLEGUE

Civil
126

Localización

Parroquia: Carballido (San Sebastián)

27776  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 53.9" N - 7º 22' 44.9" W

Descrición

Foi Juan de Luaces quen ordeou no século XVI a construcción deste Pazo. Trátase dunha construcción formada por tres corpos dispostos en forma de “ese”. O núcleo máis antigo ten pranta rectangular, dúas alturas e cuberta a catro augas. Os outros dous bloques engadidos son dos séculos XVII e XVIII. Teñen pranta rectangular, dous pisos de altura e numerosos ventanais. A finais do século XVII engadíuselle unha capela ó terceiro dos corpos, o situado máis ao norte. Había un sistema de portas interiores que unía as distintas estancias. O conxunto compleméntase cun cruceiro e unha fonte. Na actualidade está restaurado, xunto coa fonte e un palomar. Propiedade privada non visitable.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Última actualización: 08/09/2017
Arriba