PAZO DE PARDIÑAS

Civil
1063
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sobrán (San Martiño)

Lugar: Vilaxoán

Rúa Pardiñas 8

36611  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 35' 15.9" N - 8º 47' 15.9" W

Descrición

O pazo de Pardiñas, tamén coñecido como Casa-Torre dos Pardiñas Villardefrancos, foi construído no século XVI por Juan Daval e María Pérez de Leiro, á súa vez fundadores do convento de Cambados, o pazo pasou pronto a ligarse á familia Pardiñas Villardefrancos. Foi reformado no XVIII.

En Pardiñas ten máis presenza a ostentación de poder fronte ao exterior que as construcións anexas, aínda que tamén é destacable o xardín interior. As gárgolas que percorren toda a cornixa; os contundentes canzorros que sosteñen os amplos balcóns con varanda de ferro fundido polos que os señores da casa asomábanse á rúa; e, sobre todo, a torre cadrada que se achega ao final da casa rectangular, axudan a reforzar a presenza do edificio no medio dunha trama urbana que, na súa orixe, estaba composta por vivendas de pescadores e de planta baixa.

Propiedade particular. Só é posible visitar o exterior.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba