PAZO DE SINEIRO

Civil
1048
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Lugar: O Grove

Rúa Sineiro 39

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 20.9" N - 8º 52' 05.5" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
A poucos metros da igrexa de San Martiño levántase o único pazo existente no Grove. Conta con piorno de 12 piares, pombal, cruceiro e unha construción auxiliar que era a “Casa dos Caseiros”. Foi construído a finais do S. XVII.
Edificio de planta en forma de "L", componse de planta baixa e piso, con cuberta a dúas augas. Na fachada cara á estrada de San Vicente, e na súa planta primeira posúe terraza con balaustrada sobre piares e un escudo heráldico con dous leóns na súa fachada principal, agasallo dos Reis de España a un dos seus propietarios. Os ocos nesta planta son rectangulares. Os accesos á primeira planta efectúanse mediante escalinata de pedra lateral, cara ao hórreo. Os forxados e os pisos son novos e a distribución recente. Rodeado de xardíns con especies autóctonas e foráneas, moitas delas centenarias.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!