PAZO DA GRACIA OU DO CASAL

Civil
907

Localización

Parroquia: Poio (San Xoán)

Lugar: O Casal

36994  Poio - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 30.9" N - 8º 40' 59.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Ambito rural, predominantemente semiordenado, campo visual amplo na súa vertente Norte. Construción ecléctica moderna. Edificio en varios niveis e planta irregular lixeiramente en "L". A torre cuadrangular e parte do conxunto rematan en peitoril ameado e pináculos nos vértices. Ventás rectangulares con tornachuvias. Diversas terrazas con balaustrada rodeando o edificio, unha das cales é a súa fachada principal que apoia en piares de pedra.
Arriba
Axúdanos a mellorar!