FRAGAS DO EUME

Espazos naturais
No Camiño de Santiago
1583

Localización

A Coruña

A Capela | As Pontes de García Rodríguez | Cabanas | Monfero | Pontedeume

Coordenadas:
43º 25' 00.7" N - 8º 04' 05.2" W

Descrición

O bosque soñado
O río Eume, duns cen quilómetros de lonxitude total, labrou na maior parte do seu treito medio e final un profundo canón. As abruptas ladeiras, nalgúns puntos de ata 300 metros de desnivel, conservan o manto vexetal orixinal dos bosques atlánticos. Un bosque coma todos soñamos: a espesura, as estacións transformadas en cores, un río que coñece a aventura do salmón e busca a proximidade do mar para facerse ría...

Porque fraga significa bosque con árbores de diferentes especies. Carballos e castiñeiros forman o manto caducifolio acompañados de bidueiros e ameneiros, freixos e teixos, abeleiras e froiteiras silvestres; e dos perennes loureiros, acivros e érbedos. Todos forman unha heteroxénea selva na que cada especie ocupa o seu lugar. As sobreiras, por exemplo, teñen nas voltas destas ladeiras orientadas ao sur, o seu límite setentrional en Galicia. Nas ribeiras húmidas e sombrías consérvase unha ampla colección de liques, carrizas e fentos que son unha das xoias dos bosques climáticos como Eume, relictos da Era Terciaria.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Natureza senlleira

Descripción fauna: Bosque mixto de frondosas considerado un dos máis extensos da Galicia litoral e relevante a nivel europeo como bosque climático. Os carballos cobren as abas do canón fluvial acompañados dun amplo repertorio vexetal e bosques de ribeira. A humidade propicia variedades de fentos de grande interese. Cómpre mencionar as 103 especies de aves, 41 de mamíferos e 8 de peixes. Especies endémicas de invertebrados e réptiles como a ra ibérica.

Sen perdida

O parque ten establecidos catro portais de acceso, sencomunicación entre eles. O máis visitado é o que fixacomo destino o mosteiro de Caaveiro. As ladeirasinclinadas só permiten esta entrada seguindo o cursodo río a través do couto pesqueiro de Ombre, a dezquilómetros de Pontedeume. Desde o refuxio depescadores de Cal Grande parten os itinerarios através das fragas.
Na temporada de verán o paso con vehículos está restrinxido, pero existe transporte colectivo ata preto do mosteiro. Nestepunto, pé en terra, comeza a subida duns quinceminutos ata o cenobio beneditino de San Xoán deCaaveiro, recentemente rehabilitado. Todo unmonumento de arte románica en plena natureza convistas panorámicas ás frondosas e ao ceo. A entradaé gratuíta con visita guiada, xeralmente en quendasde 45 minutos. Sen problema durante as fins desemana, festivos e temporada alta. O resto do ano,consultar. O horario sofre modificacións estacionais.
Xa gañado o alto, e visitado o mosteiro, a senda podecontinuarse nunha breve baixada ata o rumor doSesín, que desauga no Eume un pouco máis abaixo domosteiro. Paga a pena admirar a súa bravura de pozase fontes verdes filtradas de carrizas. O mesmo Sesínpode ser abordado augas arriba por outro itinerariodiferente a este. Desde a estrada de Cabanas ásPontes de García Rodríguez, tomando o desvío nasNeves que conduce a Gunxel cos muíños do Sesín elogo continúa cara á antiga central hidroeléctrica deVentureira. A pista estréitase a partir de aquí nasnumerosas curvas das ladeiras arboradas desteitinerario que enlaza, na beira esquerda coa estradade Rebordelo (Monfero).

Servizos

En varias poboacións na contorna do Parque.

Superficie

Extensión: 9.125,65 ha. LIC: 9.076,82 ha.

Situación

Concellos coruñeses de Cabanas, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero e Pontedeume.

Información e equipamentos

Teléfono: 981563777
Nome: Parque Eólico Experimental Sotavento
Teléfono: 881063992
Enderezo: DP-5003
Nome: Centro de Recepción do Portal de Monfero
Teléfono: 981432528
Enderezo: CarreteraOmbre-Caaveiro, km 5
Nome: Centro de Recepción
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Plano

Última actualización: 14/07/2017
Arriba