RÍA DE FOZ

Rías e praias
1087

Localización

Coordenadas:
43º 34' 13.6" N - 7º 15' 28.8" W

Descrición

A ría de Foz non é nada máis ca unha pequena pincelada mariña debuxada na chaira costeira. Non obstante, as amplas praias que a bordean convértena nun lugar excepcional. Foz, coma outras moitas vilas do norte peninsular, afunde as súas raíces nos séculos medievais aínda que, nos últimos anos, experimentou un poderoso crecemento económico. Porto pesqueiro de baixura, é unha das capitais máis significativas da Mariña. Centro comercial e administrativo, convértese durante o verán nun centro turístico de primeira orde.
Nas súas proximidades, en San Martiño de Mondoñedo, levántase a basílica, hoxe igrexa parroquial, de alto interese histórico artístico. Fundada no século X, foi construída ao longo dos séculos XI ao XIV, sendo a primeira sé do bispado de Dumio.

Arriba
Axúdanos a mellorar!