SEMANA SANTA DE FERROL

Festas de interese turístico
3136
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 24/03 - 31/03

Localización

Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 03.9" N - 8º 13' 58.9" W

Descrición

Desde o Domingo de Ramos ata o de Resurrección, sucédense sen parar as procesións que rememoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. As rúas de Ferrol énchense de fervor relixioso e bulicio, en torno aos pasos das súas cinco confrarías, herdeiras dunha tradición secular e dun espírito de fondo calado popular que resiste aos cambios sociais e xeracionais. Vistosas, multitudinarias, emotivas e solemnes, destacan entre todas elas as do Venres Santo: pola mañá, o Santo Encontro, na praza de Amboage; pola tarde, a do Santo Enterro, de marcado carácter litúrxico, na que se leva a Santa Urna, toda unha reliquia da Semana Santa ferrolá e, pola noite, a estremecedora procesión dos Caladiños, que percorre as rúas do casco histórico da Magdalena, cos pasos de San Xoán, Cruz Sudario e a Virxe das Dolores, e retírase de madrugada, tras o tradicional canto da Salve.
O Xoves Santo ten lugar a procesión do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima da Piedade, a máis longa e numerosa de todas, na que participan 1.800 confrades, sete pasos e nove bandas de música e que remata co emotivo canto dos militares da Brilat.

Para non perderse:
Procesión dos Caladiños, o Venres Santo pola noite.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de interese turístico internacional
Arriba