FESTIVIDADE DO APÓSTOLO SANTIAGO

Festas de interese turístico
3944
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 15/07 - 31/07

Localización

Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 37.9" N - 8º 32' 49.9" W

Descrición

A capital galega celebra as súas maiores festas na segunda quincena de xullo, cun programa que combina festivais de folclore galego ou de música clásica (Festival Internacional de Música de Galicia) con cine ao ar libre, concertos de gran formato, pequenos concertos, orquestras, teatro de rúa, teatro de sala, animación na rúa, programación infantil, charangas, humor, danza...
En medio de tan amplo programa, sobresae o espectáculo pirotécnico fronte á catedral de Santiago, que se celebra na noite do 24 de xullo, para dar paso á celebración do Día do Apóstolo, tamén Día de Galicia. A praza do Obradoiro é tomada por máis de 20.000 persoas para contemplar un impresionante espectáculo audiovisual a base de proxeccións de luces e de imaxes sobre a fachada da Catedral, e ata hai uns anos a queima do gran castelo de pirotecnia diante da súa fachada gótica. O espectáculo é seguido desde distintos miradoiros da cidade por milleiros de persoas.
Ao día seguinte, na misa solemne na catedral, pódese ver o xigantesco botafumeiro en funcionamento. O Rei ou un delegado da Casa Real fan nela a tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago. Ademais, teñen lugar diversos actos de celebración do Día de Galicia, polo que a capital galega rebenta de visitantes.

Destacado:
Paga a pena coller sitio na praza do Obradoiro para contemplar os fogos do Apóstolo, a noite do día 24.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de interese turístico internacional
Arriba
Axúdanos a mellorar!