FESTA DAS PEPITAS

Festas de interese turístico
1428
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 18/03 - 18/03

Localización

Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 04.9" N - 8º 13' 58.9" W

Descrición

Arraigada no corazón da poboación de Ferrol desde hai máis de 100 anos, na Festa das Pepitas homenaxéase a todas as mulleres da cidade a través de tunas e cancións. Numerosas agrupacións musicais da cidade e a súa comarca participan nesta celebración con valses, danzas e habaneras, que soan a través do seus laúdes, mandolinas ou bandurras.
Desde 1903, na véspera de San Xosé reúnense as tunas: bandas de instrumentos de corda ataviadas con traxes similares aos dos típicos tunos da Universidade (capas, lazos, cintas ou escarapelas), que percorren as rúas da cidade cantando á muller ferrolá. Cada formación ten a súa madriña.
Ademais, esta noite, os hostaleiros da cidade regalan aos seus clientes un singular doce de chocolate e laranxa en forma de corazón, coñecido como o “bico das Pepitas”.
Ao longo dos anos, esta tradición acadou carácter institucional, xa que se fai un acto no Teatro Jofre, entréganse insignias de honra e conmemórase a irmandade do Concello de Ferrol co de Mondoñedo. A rolda está presente nas rúas a través das agrupacións locais e as convidadas dos municipios limítrofes e, ademais, faise un festival de tunas na praza de Amboaxe.

Destacado: O doce “Bico das Pepitas”

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Outras características

Folclóricas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba