OFRENDA DO REINO DE GALICIA Ó SANTISIMO SACRAMENTO

Festas de interese turístico
1165
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 09/06 - 09/06

Localización

Lugo - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 33.0" N - 7º 33' 29.0" W

Descrición

O Altar Maior da Catedral de Lugo expón permanentemente, noite e día e desde moi antigo, o Santísimo Sacramento, nunha fermosa custodia, ao parecer pola gran devoción dos lugueses á Eucaristía. Tanta, que está incorporado ao escudo da cidade e chegou a ser no século XVII unha referencia da relixiosidade de toda Galicia.
Anualmente, o domingo seguinte ao do Corpus Christi ten lugar en Lugo un acto institucional e relixioso centenario no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, coa que aqueles cumpren co voto solemne que fixeron en 1669, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior.
Desde 1925 ata os nosos días celébrase o rito da Ofrenda do mesmo xeito nunha misa solemne: por quendas rotatorias anuais, os mandatarios municipais das sete cidades do Antigo Reino de Galicia (o alcalde de cada cidade ou un delegado ou representante seu) presenta a Ofrenda.
Entre as tradicións litúrxicas, unha banda de gaiteiros interpreta a Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia, con gaitas en tres tonalidades e percusión.

Para non perderse:
A interpretación da Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia.
 

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba