Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FESTAS PATRONAIS DE SAN TELMO&body=Recoméndoche que leas a información FESTAS PATRONAIS DE SAN TELMO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-po-000018/festas-patronais-de-san-telmo?langId=gl_ES
Unha gran cantidade de festexos sucédense en Tui con motivo das súas festas patronais, que se abren coa tradicional coroación das raíñas das festas e inclúen actividades para todas as idades. A isto engádense actos relixiosos, na honra de San Telmo, patrón dos navegantes, santo peregrino que faleceu en Tui cando facía o Camiño, que é venerado en toda Galicia. A solemnidade dos mesmos é moi significativa. De feito, algúns deles son oficiados na Catedral de Santa María polo propio Bispo da Diocese de Tui-Vigo. Destaca a procesión do santo, o último día das festas, na que participan numerosas confrarías.
Entre os eventos máis renomeados destaca o Festival Popular do Meixón, unha festa gastronómica en torno ás prezadas angulas do Miño, que ten lugar no Paseo da Corredoira; ou a Feira Agrícola e Industrial do Baixo Miño, que atraen ata esta localidade numeroso público da provincia e do veciño Portugal.
Para non perderse:
Degustación de meixóns do Miño, o domingo.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.