A FONTIÑA

Café Bar
337
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Adina (Santa María)

Rúa: Lugar Montalvo 68, A

36979  Sanxenxo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 24' 06.4" N - 8º 51' 01.7" W
+34 986 720 454
+34 636 503 856
+34 986 720 454

Descrición

O feito de levar abertos desde 1994, cando empezamos como un bar de praia, permitiunos darnos a coñecer aos visitantes e xunto coas obras de ampliación e reformas, a relación calidade/prezo, o "boca a boca" e as "opinións" na internet, permitiunos afianzarnos no sector gastronómico da zona.

No noso bar-terraza, poderás gozar da nosa tapas variadas, bocadillos ou dunha refrescante bebida mentres te conectas á nosa rede Wifi gratuíta.

O establecemento está adaptado para persoas con mobilidade reducida, dispón de rampla de acceso, aseo público e 2 prazas de aparcamento próximas á entrada. O aparcadoiro é de uso privado e gratuíto para os nosos clientes (non se reservan prazas).

Estamos a tan só 300 metros da bonita praia de Montalvo (no concello de Sanxenxo). 

Camiñando desde o noso hostal poderás facer roteiros de sendeirismo próximas, por exemplo; O Roteiro do Padre Sarmiento, dado que nos atopamos dentro do seu percorrido (podes velo e baixarche a aplicación en; www.osalnes.com), irás bordeando a costa e gozando das súas preciosas vistas e paisaxes. 

Se queres saber máis de nós, non o dubides, ven a visitarnos, esperámosche.



Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!