PR-G 117 RUTA DA FRAGA AOS MUÍÑOS

Sendeirismo
2514
No Camiño de Santiago

Localización

A Coruña

Mesía | Ordes

Coordenadas:
43º 08' 18.6" N - 8º 18' 30.5" W
43º 05' 45.3" N - 8º 18' 00.2" W

Descrición

Principia no antigo camiño da Fraga a través dunha pista en moi bo estado que atravesa zonas agrarias e forestais. Ao longo do camiño visítanse catro muíños tradicionais, completamente restaurados, sinalizados con paneis e información sobre o seu valor patrimonial e etnográfico.
Na zona coñecida como O Telleiro hai unha derivación que leva ata Muíño da Ribeira.
Tras volver á ruta principal e pasar polo desvío cara a Queiroa de Abaixo tómase unha segunda derivación para visitar o Muíño de Queiroa, alimentado noutros tempos polo río Traveso.
Cerca de Soutelo, unha terceira derivación diríxese ao Muíño de Batán, situado nunha valga rematada polo Castro de Olas.
O último muíño restaurado que se pode visitar é o Muíño da Covela, ao que accederemos pola cuarta derivación desta ruta. Dende aquí empréndese camiño cara ás aldeas da Carballa e Leborís.
Cara o final da ruta, na área recreativa de Ponte Carballa xunto ao río Samo, atópase o Muíño Grande dos Baltares, en ruínas.

Acceso

Na AP-9 entre Santiago de Compostela e A Coruña, coller a saída 41 á altura de Ordes e seguir pola AC-524 cara a Curtis. Desviarse na AC-223 ata chegar a Mesía. Nesta poboación seguir as indicacións ata Os Ricos, onde encontraremos un sinal que indica a situación do panel de inicio da ruta.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Lonxitude

15,9 km. (A ruta principal mide 13,45 km e as derivacións de ida e volta 2,45 km)

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Área recreativa Ponte Carballa (Mesía) - UTM:29T X:557085 Y:4771923
Punto de partida: Os Ricos (Mesía) - UTM:29T X:556363 Y:4776641

Percorrido

Os Ricos, Roxos do Medio, Roxos de Abaixo, O Torreiro, A Redonda, O Seixo, A Covela, Área recreativa Ponte Carballa.

Dificultade

Baixa

Duración

3 horas e media.

Servizos

Na Área recreativa de Ponte Carballa.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

70-II Mesía.

Máis información

Concello de Mesía
Tel.: 981 687 001
correo@concellodemesia.gal
www.concellodemesia.gal

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Etnografía

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba