PR-G 70 SENDEIRO LAXE-PUNTA ÍNSUA

Sendeirismo
1853

Localización

Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 17.9" N - 9º 00' 19.5" W

Descrición

A ruta parte da praza de Ramón Juega polo arco que se dirixe á rúa Real, continúa polo camiño do cemiterio e deixa o asfalto para dirixirse cara ao faro.

Pouco a pouco o camiño convértese nunha senda rodeada de fieitos, silveiras e piñeiros no alto dos acantilados que permite observar a enseada de Laxe e, máis ao leste, a desembocadura do río Anllóns.

Punta da Ola, Furna do Asno ou Punta do Boi son algunhas das formacións batidas por un mar embravecido que rodean o Monte da Insua cos seus 66 m de altura.

De volta a Laxe, o camiño lévanos á ermida de Santa Rosa.

Acceso

Chegar pola AC-431 ata Laxe, importante vila mariñeira na Costa da Morte.

Un plus

COSTA DA MORTE

Costa da Morte é un nome que define unha ampla zona de Galicia entre as rías de Muros e Noia e a da Coruña. Este curioso topónimo, segundo algúns estudosos, poida que fose acuñado polos gregos para definir a rexión onde o Sol desaparecía a diario no mar e se afundía no país dos mortos ata a mañá seguinte. Outra acepción máis recente e estendida fai referencia á gran cantidade de naufraxios ocorridos neste perigoso tramo costeiro (máis de 140 naufraxios importantes en cen anos).

Lonxitude

5,2 km.

Punto de partida/chegada

Laxe - UTM:29T X:499660 Y:4785650

Percorrido

Laxe, Punta da Insua, Laxe, ermida de Santa Rosa e Laxe.

Dificultade

Baixa

Duración

2 horas.

Material

Calzado cómodo e adherente.

Servizos

En Laxe.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 43-IV Laxe

Máis información

Concello de Laxe
Tel.: 981 706 903
correo@laxe.es
www.concellodelaxe.com

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba