IGREXA MONACAL DE SAN FRANCISCO

Relixioso
3064
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa San Francisco

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 56.0" N - 8º 12' 41.0" W

Descrición

Igrexa de estilo gótico, situada no casco histórico de Betanzos. O templo é un dos mellores exemplos do gótico mendicante franciscano, destacando na súa tipoloxía o papel funerario. Fernán Pérez de Andrade "O Boo", señor feudal da bisbarra. O templo converteuse en panteón onde descansarían os restos do seu fundador e os da súa estirpe. Dispón de planta de cruz latina e unha soa nave con arcos transversais. A cabeceira posúe planta poligonal con cuberta de bóveda nervada en ábano. Os sepulcros de cabaleiros dos séculos XIV, XV, XVI, constitúen o elemento histórico-artístico máis interesante do templo. A porta principal da igrexa, apuntada, atópase ornamentada con arquivoltas decoradas con motivos vexetais e xeométricos. Foi declarada Monumento Nacional en 1919 e na actualidade Ben de Interese Cultural (B.I.C.)

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Orden Relixiosa

Franciscanos
Arriba