IGREXA DE SAN PEDRO DE BAROÑA

Relixioso
219

Localización

Parroquia: Baroña (San Pedro)

Lugar: A Igrexa

15979  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 41' 56.0" N - 9º 01' 00.9" W

Descrición

A parte románica (s. XII) da igrexa está moi alterada por posteriores remodelacións. Orixinalmente, o templo tiña unha planta de nave única rectangular e agora consta de dúas naves ao engadirlle un corpo corrido no lateral norte que engloba a sancristía. A nave principal cóbrese con bóveda de ladrillo de canón rebaixada, rebocada e pintada, e que apoia directamente nos muros de cadeirado de granito. Na cabeceira conserva a capela maior cuberta con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que descansan en semicolumnas. No muro sur da nave principal hai dúas fornelas de medio punto con senllos altares. No muro norte ábrese unha dobre arcada para acceder á nave lateral. No exterior, a parte máis antiga conserva a cornixa sobre canecillos. A fachada principal é sinxela, con dous contrafortes nos extremos, unha porta principal moldurada e unha pequena ventá sobre ela. O vértice da fachada remátase cunha espadaña formada por dous arcos.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Última actualización: 05/12/2017
Arriba