CAPELA DA REINA DOS ANXELES

Relixioso
961

Localización

Parroquia: Lobios (San Xillao)

Lugar: A Airexa

27423  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 24' 26.0" N - 7º 31' 50.9" W

Descrición

As súas orixes poderían remontarse ao século X. Non obstante na actualidade é unha capela totalmente restaurada, de planta rectangular, de proporcións sinxelas e construída en pedra irregular sen labrar. Neste lugar conta a tradición que en tempos dos "mouros" unha moza de Lobios lle roubou unha cadea de ouro a unha "moura"; esta transformouse nunha serpe e perseguiuna. Ao pasar por diante desta capela a moza exclamou: "A Raíña dos Anxos vállame"; entón a serpe transformouse outra vez en muller e díxolle: "A bo santo pediches intercesión e encomenda ".

Santuario de planta de salón e cuberta a dúas augas, atopándose co pórtico cuberto no frontal, sustentado por piares de cachotería. Portas alinteladas nos laterais. Muros de cachotería miúda e cal con marcaxes e esquinais de granito. Espadana dun só van.

Arriba
Axúdanos a mellorar!