IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENZO DE AS NEGRADAS

Relixioso
1073
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: As Negradas (San Vicenzo)

Lugar: O Lousado

27308  Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 06' 38.9" N - 7º 54' 33.9" W

Descrición

Igrexa situada en lugar retirado e pintoresco, nunha aba da serra da Cova da Serpe. Consta de nave rectangular, presbiterio e sancristía pegada no seu lateral esquerdo. Muros de sillarexo de granito, con cuberta de lousa a dúas augas en nave, a catro en presbiterio e a unha en sancristía. De traza románica en grande parte, con reformas posteriores. Consérvanse rudos canecillos desa época, así como unha porta lateral norte de arco de medio punto tapiada. Foi fundada como capela de San Miguel de As Negradas en 1711 por Miguel Dapena Fariñas e Inés López ante un escribán de Sobrado. Fachada do s. XVII, con porta alintelada con baquetóns quebrados, ventanal rectangular central e sinxela espadana dunha troneira. Porta lateral sur tamén alintelada. Interior: arco triunfal de medio punto, apuntado, retablo maior renacentista e laterais sinxelos, con talles de diferente cronoloxía. Adro cemiterio arredor, murado, con varias lápidas á entrada da Igrexa, sinxelo cruceiro e palco de música para as festas parroquiais. Templo recentemente restaurado.

Acceso

Dende Guitiriz coller a estrada sinalizada que vai por Mariz e Vilar.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!