Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > As rutas > Engadir á "Miña viaxe"

Máis historias...

  • Marta Pomati...

    Marta Pomati...

    “Esta vez camiño soa e non estou ben fisicamente, por iso estame a custar moito facer o Camiño...”

  • Roger Dubief e Lucie

    Roger Dubief e Lucie...

    "O Camiño de Santiago é unha experiencia particular polo que somos, non polo que facemos na vida..."

  • David Kurten

    David Kurten...

    "Cando camiño catro ou cinco días, soamente coa miña mochila, sinto a paz e o silencio da natureza..."

  • Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    “No Camiño aprendes moito e permíteche distanciarte da vida de sempre. O ambiente é incrible...”

  • Darvy Scott

    Darvy Scott

    “Facendo o Camiño encontrei unha paz interior, que sae cara a fóra, e dáste conta de que estás completamente de acordo co que estás a facer...”

  • Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    “Cando chegas a Santiago estás feliz por chegar, mais dáche pena porque xa acabaches..."

  • Carlos Calafell Brucart e Carlos

    Carlos Calafell Brucart e Carlos

    “E a primeira vez que o fixen dinme conta do que unha persoa é capaz de facer se te esforzas...”

  • Joaquín Ibáñez

    Joaquín Ibáñez

    “Teño 60 años, o cansazo fai o seu e sufro dos pés, e quizá son un pouco inconstante, así que me propoño sempre acabar o Camiño..."

  • Lidia Cuasés e Antonia Campos

    Lidia Cuasés e Antonia Campos

    “Antonia animoume, picoume a curiosidade e decidín vir ver. A miña intención é meditar, mais non é fácil..."

  • Lola e Javier

    Lola e Javier

    “Esta vez foi unha oportunidade para coñecer mellor a Lola. Vivir unha experiencia non ao límite, pero dunha certa dureza...”

  • David Domínguez

    David Domínguez

    “Hai momentos moi duros tamén. O ano pasado avarióuseme a bici tres veces, e non faltou nada para abandonar...”

  • Marie Danielle e Marie Pierre

    Marie Danielle e Marie Pierre

    “O Camiño é unha experiencia de sinxeleza e alegría, a comunión coa Natureza e con todas as caras ou seres que viven no meu corazón...”

Camiño de Santiago...

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla

Esta ruta marítima achégase a Santiago de Compostela penetrando pola Ría de Arousa, a máis ampla das Rías Baixas e remontando o río Ulla.

Ampliar

Desde Aguiño e Ribeira a Rianxo pola beira norte, desde O Grove a Carril, pola ribeira meridional, velas e remos, hoxe tamén motores, percorren a ría para ofrecernos os mellores mariscos e peixes. A partir da illa Cortegada, unha serie de cruceiros colocados en illotes ou ás beiras do esteiro do Ulla, marcan o Camiño, atravesando as míticas Torres de Oeste en Catoira e os espazos naturais das Brañas de Laíño, ata chegar a Padrón para desde aquí continuar cara a Compostela.

Padrón é unha vila moderna crecida no lugar onde, segundo a tradición, atracou a barca que traía de Xerusalén os restos do Apóstolo Santiago. A barca foi atada a unha pedra, “o Pedrón”, en realidade unha ara romana que se pode ver baixo o altar da igrexa de Santiago. Padrón, co nome de Iria Flavia, foi unha das grandes metrópoles romanas de Galicia. Encontraremos tamén recordos de Santiago na Fonte de Santiago e en Santiaguiño do Monte, onde unha ermida e uns conxuntos megalíticos lembran a primeira predicación do Apóstolo.

Esta ruta marítima tamén era seguida polos portugueses, que a celebraban, precisamente, como a mesma que seguiron os discípulos traendo as reliquias de Santiago.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba