Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > As rutas > Engadir á "Miña viaxe"
Cabo Fisterra

DESTAQUE

Cabo Fisterra

O "finis terrae". Por que alguén querería ir á fin do mundo?

Bono Iacobus...

O Bono Iacobus é un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago.

Bono Iacobus

Máis historias...

  • Marta Pomati...

    Marta Pomati...

    “Esta vez camiño soa e non estou ben fisicamente, por iso estame a custar moito facer o Camiño...”

  • Roger Dubief e Lucie

    Roger Dubief e Lucie...

    "O Camiño de Santiago é unha experiencia particular polo que somos, non polo que facemos na vida..."

  • David Kurten

    David Kurten...

    "Cando camiño catro ou cinco días, soamente coa miña mochila, sinto a paz e o silencio da natureza..."

  • Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    “No Camiño aprendes moito e permíteche distanciarte da vida de sempre. O ambiente é incrible...”

  • Darvy Scott

    Darvy Scott

    “Facendo o Camiño encontrei unha paz interior, que sae cara a fóra, e dáste conta de que estás completamente de acordo co que estás a facer...”

  • Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    “Cando chegas a Santiago estás feliz por chegar, mais dáche pena porque xa acabaches..."

  • Carlos Calafell Brucart e Carlos

    Carlos Calafell Brucart e Carlos

    “E a primeira vez que o fixen dinme conta do que unha persoa é capaz de facer se te esforzas...”

  • Joaquín Ibáñez

    Joaquín Ibáñez

    “Teño 60 años, o cansazo fai o seu e sufro dos pés, e quizá son un pouco inconstante, así que me propoño sempre acabar o Camiño..."

  • Lidia Cuasés e Antonia Campos

    Lidia Cuasés e Antonia Campos

    “Antonia animoume, picoume a curiosidade e decidín vir ver. A miña intención é meditar, mais non é fácil..."

  • Lola e Javier

    Lola e Javier

    “Esta vez foi unha oportunidade para coñecer mellor a Lola. Vivir unha experiencia non ao límite, pero dunha certa dureza...”

  • David Domínguez

    David Domínguez

    “Hai momentos moi duros tamén. O ano pasado avarióuseme a bici tres veces, e non faltou nada para abandonar...”

  • Marie Danielle e Marie Pierre

    Marie Danielle e Marie Pierre

    “O Camiño é unha experiencia de sinxeleza e alegría, a comunión coa Natureza e con todas as caras ou seres que viven no meu corazón...”

Camiño de Santiago

Camiño a Fisterra-Muxía

A viaxe a Santiago de Compostela, como peregrino ou turista, complétase coa visita de Fisterra e Muxía, lugares estreitamente ligados á peregrinación.

Ampliar

A condición de “fin da terra” é tamén un aliciente para emprender o Camiño de Santiago, pois todo viaxeiro desexa chegar sempre alén, ata a fin do camiño. Xa o historiador romano Lucius Florus conta como os lexionarios de Roma contemplaron con temor sagrado o solpor sobre o océano, cando alcanzaron o Finis Terrae, no século II a.C. O Finis Terrae, ou Fisterra, converteuse desde aquela nun lugar obrigado para todo o que fixo xa a Ruta Xacobea. A outra opción é continuar cara a Muxía, onde se debe visitar o santuario da Virxe da Barca. A este fermoso lugar, segundo a tradición, acudiu a Virxe nunha barca de pedra para dar folgos ao Apóstolo na súa predicación por estas terras. E, por fin, a vila de Fisterra, ao redor da súa praza do Ara Solis, nostálxico recordo do altar levantado polos romanos para adorar o solpor.

O camiño que leva ao extremo do cabo, arrinca xunto á igrexa románica de Santa María das Areas onde se conserva a imaxe do Santo Cristo da Barba Dourada, de incontables lendas. Na parte máis alta do monte, había unha ermida e unhas pedras talladas que lle daban ao lugar un carácter sagrado. Agora, un faro orienta o incesante desfilar de navíos por un dos lugares de máis intenso tráfico marítimo do mundo. Hoxe xa non estamos na fin da terra, pero si na fin do Camiño de Santiago. Só falta regresar. Regresar de Santiago contentos e satisfeitos.

Facer o Camiño de Santiago é unha condecoración que se pode ostentar sempre con orgullo. Se se chegou ata Fisterra, con máis razón.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba