Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > As rutas > Engadir á "Miña viaxe"

Bono Iacobus...

O Bono Iacobus é un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago.

Bono Iacobus

Máis historias...

  • Marta Pomati...

    Marta Pomati...

    “Esta vez camiño soa e non estou ben fisicamente, por iso estame a custar moito facer o Camiño...”

  • Roger Dubief e Lucie

    Roger Dubief e Lucie...

    "O Camiño de Santiago é unha experiencia particular polo que somos, non polo que facemos na vida..."

  • David Kurten

    David Kurten...

    "Cando camiño catro ou cinco días, soamente coa miña mochila, sinto a paz e o silencio da natureza..."

  • Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    “No Camiño aprendes moito e permíteche distanciarte da vida de sempre. O ambiente é incrible...”

  • Darvy Scott

    Darvy Scott

    “Facendo o Camiño encontrei unha paz interior, que sae cara a fóra, e dáste conta de que estás completamente de acordo co que estás a facer...”

  • Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    “Cando chegas a Santiago estás feliz por chegar, mais dáche pena porque xa acabaches..."

  • Carlos Calafell Brucart e Carlos

    Carlos Calafell Brucart e Carlos

    “E a primeira vez que o fixen dinme conta do que unha persoa é capaz de facer se te esforzas...”

  • Joaquín Ibáñez

    Joaquín Ibáñez

    “Teño 60 años, o cansazo fai o seu e sufro dos pés, e quizá son un pouco inconstante, así que me propoño sempre acabar o Camiño..."

  • Lidia Cuasés e Antonia Campos

    Lidia Cuasés e Antonia Campos

    “Antonia animoume, picoume a curiosidade e decidín vir ver. A miña intención é meditar, mais non é fácil..."

  • Lola e Javier

    Lola e Javier

    “Esta vez foi unha oportunidade para coñecer mellor a Lola. Vivir unha experiencia non ao límite, pero dunha certa dureza...”

  • David Domínguez

    David Domínguez

    “Hai momentos moi duros tamén. O ano pasado avarióuseme a bici tres veces, e non faltou nada para abandonar...”

  • Marie Danielle e Marie Pierre

    Marie Danielle e Marie Pierre

    “O Camiño é unha experiencia de sinxeleza e alegría, a comunión coa Natureza e con todas as caras ou seres que viven no meu corazón...”

Camiño de Santiago...

Camiño do Sueste-Vía da Prata

A Ruta da Prata, camiño natural de comunicación entre o sur e o noroeste peninsular, ao principio foi só unha ruta de expansión dos reinos cristiáns cara ao Al-Andalus e unha vía de transmigración mozárabe cara ao norte. Despois un camiño para levar a Santiago os cartos, a “prata”, que procedente de América ofrecían os bispados andaluces e estremeños á sé compostelá. Finalmente quedou reducida a un Camiño de Santiago difícil, pero moi suxestivo e atractivo, para os peregrinos procedentes daquelas partes.

Ampliar

Desde Córdoba e Sevilla, por Badaxoz, Cáceres e Salamanca, chegan os peregrinos a Galicia. Un ramal, buscando evitar os grandes portos, entra en Portugal por Quintanilla e Bragança, pero todos coinciden en Verín, onde quedan abraiados ante a monumental fortaleza de Monterrei, para pasar a Xinzo de Limia, entre Laza, famosa polos seus carnavais, e o parque natural do Invernadeiro. Segue a ruta entre Xunqueira de Ambía, coa súa igrexa románica de aspecto catedralicio e Allariz, a vila histórica e monumental predilecta de Alfonso X. En Ourense o Pórtico do Paraíso da súa grandiosa catedral evoca o da Gloria do Mestre Mateu.

Atravesado o Miño pola ponte romana de máis luz entre as que se conservan do Imperio, gozamos dunha variada paisaxe sementada de igrexas románicas, pazos e pontes medievais, destacando o mosteiro de Oseira, síntese de todo os estilos, o Pazo de Oca cos seus xardíns e, por fin o mítico Pico Sacro, desde o que xa se divisan as torres da basílica compostelá.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba