Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > As rutas > Engadir á "Miña viaxe"

As rutas no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Bono Iacobus...

O Bono Iacobus é un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago.

Bono Iacobus

Máis historias...

  • Marta Pomati...

    Marta Pomati...

    “Esta vez camiño soa e non estou ben fisicamente, por iso estame a custar moito facer o Camiño...”

  • Roger Dubief e Lucie

    Roger Dubief e Lucie...

    "O Camiño de Santiago é unha experiencia particular polo que somos, non polo que facemos na vida..."

  • David Kurten

    David Kurten...

    "Cando camiño catro ou cinco días, soamente coa miña mochila, sinto a paz e o silencio da natureza..."

  • Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    “No Camiño aprendes moito e permíteche distanciarte da vida de sempre. O ambiente é incrible...”

  • Darvy Scott

    Darvy Scott

    “Facendo o Camiño encontrei unha paz interior, que sae cara a fóra, e dáste conta de que estás completamente de acordo co que estás a facer...”

  • Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    “Cando chegas a Santiago estás feliz por chegar, mais dáche pena porque xa acabaches..."

  • Carlos Calafell Brucart e Carlos

    Carlos Calafell Brucart e Carlos

    “E a primeira vez que o fixen dinme conta do que unha persoa é capaz de facer se te esforzas...”

  • Joaquín Ibáñez

    Joaquín Ibáñez

    “Teño 60 años, o cansazo fai o seu e sufro dos pés, e quizá son un pouco inconstante, así que me propoño sempre acabar o Camiño..."

  • Lidia Cuasés e Antonia Campos

    Lidia Cuasés e Antonia Campos

    “Antonia animoume, picoume a curiosidade e decidín vir ver. A miña intención é meditar, mais non é fácil..."

  • Lola e Javier

    Lola e Javier

    “Esta vez foi unha oportunidade para coñecer mellor a Lola. Vivir unha experiencia non ao límite, pero dunha certa dureza...”

  • David Domínguez

    David Domínguez

    “Hai momentos moi duros tamén. O ano pasado avarióuseme a bici tres veces, e non faltou nada para abandonar...”

  • Marie Danielle e Marie Pierre

    Marie Danielle e Marie Pierre

    “O Camiño é unha experiencia de sinxeleza e alegría, a comunión coa Natureza e con todas as caras ou seres que viven no meu corazón...”

Camiño de Santiago...

Camiño Francés

Foi proclamado Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa en 1987 e como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1993. O Camiño de Santiago Francés é a ruta seguida polos peregrinos de todas as épocas ata a cidade de Compostela.

O Códice Calixtino, a Guía do Camiño de Santiago de Aymeric Picaud, dio con claridade francesa: “Hai catro rutas que levan a Santiago e reúnense nunha soa en Puente La Reina, en territorio Español; ... a partir de alí un só camiño conduce a Santiago”. De Arles, preto de Marsella, partía a primeira, a única que atravesaba os Perineos por Somport. De París, Vézélay e Le Puy partían as outras tres, que entraban en Navarra por Roncesvalles. Estes eran os clásicos camiños polos que discorrían intermitentemente os peregrinos de Compostela.

De Pedrafita do Cebreiro ata Sarria

Sexa cal sexa o motivo da nosa viaxe a Galicia, se a queremos facer seguindo o Camiño de Santiago Francés, entraremos en terras galegas pola N-VI, subindo o porto de Pedrafita. Tamén o podemos facer percorrendo o antigo trazado, de gran beleza paisaxística, por Vega de Valcarce e As Ferrerías.

Ampliar

Os peregrinos medievais facíano por un camiño que atravesaba as míticas aldeas da Faba e a Lagoa de Castilla, ata ver, pouco antes de chegar ao Cebreiro, o fito ilustrado que marca o límite de Galicia, a 152 km de Santiago polo camiño para peóns. No Cebreiro, a “máis abrupta das montañas do Camiño Francés” como di Aymeric Picaud, fundou o santo conde Xiraldo de Aurillac, pouco antes de rematar o século IX, un hospital para atender os peregrinos, sobre todo os franceses. Converteuse despois nun mosteiro beneditino e non foi abandonado por estes monxes ata o século XIX. A igrexa, prerrománica, é o templo máis antigo da ruta xacobea conservado na súa integridade.


No hospital, hoxe Mesón de San Xiraldo de Aurillac, é posible hospedarse, facendo a reserva con antelación suficiente. No santuario exponse o Santo Graal, símbolo heráldico de Galicia, que inspirou, coas súas lendas, o argumento literario do Parsifal de Wagner. No poboado do Cebreiro consérvase un interesante conxunto de pallozas, vivendas prerromanas habitadas ata hai non moito tempo. Unha delas está convertida en Museo Etnográfico e outras acomodadas para atender os peregrinos.

Os doce quilómetros que seguen, discorren entre as serras dos Ancares e O Courel, con magníficas paisaxes de montaña, formando o tramo de estrada máis alto de Galicia. Aldeas case abandonadas como Liñar do Rei, hoxe Liñares. Veiga de Forcas, berce dos cabaleiros da Orde de Santiago. O Hospital, en lembranza do que fundou a condesa Exilo. Fonfría, famosa por unha fonte que brota á beira do Camiño, e un hospital desaparecido, que lle ofrecía gratuitamente ao camiñante lume, sal, auga e unha cama con dúas mantas.

Superado o porto do Poio, a paisaxe vaise facendo máis suave e risoña. Aparece a alta torre da igrexa de Triacastela, fin da undécima etapa, a máis curta, 47 quilómetros, pero a máis dura desde os Pirineos. Tres castelos, tres castros ou tres camiños cara a Castela. Non hai acordo na etimoloxía. O Camiño pasaba por diante do templo, con ábsida románica, e atravesaba o poboado, onde se conserva o portón do antigo hospital. Triacastela foi a primeira vila que lle levantou un monumento ao peregrino.

Non pasaba por Samos o Camiño Francés, pero eran moitos os peregrinos que facían unha pequena desviación de catro quilómetros para coñecer un dos máis antigos mosteiros galegos, fundado por San Martiño Dumiense no século VI. A actual estrada si pasa por Samos, o que nos obrigará, con sumo gusto, a coñecer este interesante cenobio beneditino e a humilde capela prerrománica do Ciprés. As novas edificacións son dos séculos XVII e XVIII, e a escalinata da fachada serviulle de ensaio ao arquitecto galego Fernando de Casas para a construción da do Obradoiro de Santiago.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba