Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > As rutas > Engadir á "Miña viaxe"

Camiño de Santiago...

Camiño Inglés

Moitos eran os peregrinos que se achegaban a Galicia desde os portos do norte de Europa por mar. Dúas eran as rutas escollidas que empezan a traer romeiros desde o século XIV aos portos de Ferrol e A Coruña.

Ampliar

Ata 3.000 peregrinos ingleses rexístranse no porto coruñés no ano 1434, que acabaría por absorber case a totalidade destes peregrinos marítimos. Pero tamén desembarcaban en Ferrol, desde onde iniciaban a súa marcha a pé. O mosteiro do Couto, coa súa preciosa igrexa románica de San Martiño de Xuvia, reflectíndose na ría de Ferrol, era a primeira parada. O de Caaveiro, quizais a segunda, pero con toda certeza atravesaban as pontes medievais que construíron os Andrade: Pontedeume, Cambre, Betanzos e O Burgo, onde se unían á ruta coruñesa, despois de atravesaren “unha das bisbarras máis fermosas e variadas de Europa” como lemos na “Crónica Xeral de España” de 1865, con monumentos medievais inesquecibles, como os castelos de Pontedeume, o románico de Breamo, Tiobre, Santa María de Cambre e a monumental cidade de Betanzos.

En Santiago de Sigrás uníanse as dúas rutas. Os que viñan da Coruña encomendáranse ao Apóstolo no templo románico de Santiago ou no seu irmán o de Santa María, que agrupan o conxunto histórico e monumental da Cidade Vella. Saían da cidade por Eirís, contemplando os históricos campos de Elviña, dominados polo castro. A partir de Sigrás, unha ondulada ruta, entretida e apracible, sobe ata o Mesón do Vento pola que deixaron o seu recordo Filipe II nas casas brasonadas de Sarandóns e Poulo, e a raíña Mariana de Neoburgo no pazo de Marzoa. Atravesando a ponte románica e gótica de Sigüeiro, acelérase o paso para ver alzarse, desde Boisaca, as torres da Catedral Compostelá.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba